Nas próximas semanas estaremos facendo obradoiros de iniciación á curtametraxe de ficción e de documental en varios concellos da zona. Están dirixidos a todas aquelas persoas con inquedanzas no eido audiovisual que queiran participar na aventura de facer unha curtametraxe. Non fai falla ter experiencia previa, só ganas, espíritu participativo e un pouquiño de tempo para ter unha experiencia vital da que quedará para a posteridade unha película. Se queres saber onde se fará o vindeiro, ou pertences a algún colectivo ou asociación que queira desenvolver este obradoiro, enviádenos un correo a info@chamallecomoqueiras.com

 

Prema no link para descargar o programa :

 

PRÓXIMOS OBRADOIROS

  • Do 8 de abril ó 6 de maio. Local da Asociación de Veciños de Santa Comba de Covas (Ferrol).
  • Do 10 ó 15 de maio. Concello de Monfero
  • Do 11 ó 16 de maio. Casa da Muller de Ferrol.
Para máis información visita o Facebook

Compartir